A Xunta reparte case tres millóns de euros entre 36 pemes no cuarto programa InnovaPeme

O importe medio dos apoios ao amparo deste programa é de 77.700 euros, un 50% do custo subvencionable dos plans de innovación das pemes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2021 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

Un total de 36 pequenas e medianas empresas repártense os 2,6 millóns de euros da cuarta edición do programa InnovaPeme, posto en marcha pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) para potenciar a capacidade innovadora das pemes galegas.

Estas subvencións, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) permitirá mobilizar un investimento en I+D+i de 5,6 millóns de euros, segundo sinala a Administración autonómica nun comunicado.

O importe medio dos apoios ao amparo deste programa é de 77.700 euros, un 50% do custo subvencionable dos plans de innovación das pemes.

O obxectivo, segundo recalca a Xunta, é "promover a cultura da innovación", "incrementar" o número de empresas que apostan por ela e favorecer a competitividade das pemes galegas.

A novidade da convocatoria deste ano foi a exclusión das empresas que xa foran beneficiarias do programa en anteriores edicións.

Así, 21 das 36 empresas seleccionadas este ano para recibir fondos de InnovaPeme nunca obtiveran antes apoios económicos de Gain.

EMPREGO E DURACIÓN

Así as cousas, a Administración autonómica resalta que a edición de 2021 deste programa permitirá a contración de 45 técnicos, dos cales, un 42% pertencen "a colectivos sensibles", entre os que cita a mulleres e persoas discapacitadas.

Ademais, tamén incide en que as axudas contribuirán ao mantemento dun total de 149 postos de traballo.

Fotos Xunta /Vicepresidencia Segunda /Webinario Sobre Axudas Para Autónomos E Pemes En 2021 Organizado Por Aje Galicia.. Xunta de Galicia
Fotos Xunta /Vicepresidencia Segunda /Webinario Sobre Axudas Para Autónomos E Pemes En 2021 Organizado Por Aje Galicia.. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta