O goberno municipal e Ferrol en Común chegan a un acordo tras admitir que houbo "falta de diálogo" entre ambos

O alcalde lamenta non darse "conta" desta situación e levará de novo a pleno a aprobación dun crédito.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2021 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O goberno municipal de Ferrol, formado en solitario polo PSOE, e o grupo municipal de Ferrol en Común escenificaron este martes un novo acordo para poder aprobar no pleno extraordinario convocado para o vindeiro xoves, día 4, o crédito de 14,6 millóns de euros para investimentos que foi rexeitado a pasada semana, tras a abstención en pleno da formación de Jorge Suárez.

O achegamento chega despois de que o pasado venres ambas as formacións se criticasen mutuamente tras a falta de entendemento que motivou que esta medida non saíse adiante no último pleno municipal.

Agora, aseguran que van crear unha comisión bilateral para estudar todos os asuntos recolleitos nese acordo e o alcalde, Ángel Mato, trasladou que lamenta non darse " conta desta situación antes de que se desen esas circunstancias", en alusión a pleno no que Ferrol en Común se abstivo, postura que motivou que o crédito fose rexeitado polos votos en contra do PP. "A miña obrigación é tamén corrixir esas disfuncións se é que se dan", sostivo.

"EXCESOS DE EPÍTETOS"

Pola súa banda, o portavoz de Ferrol en Común, Jorge Suárez, trasladou que a falta de comunicación entre o seu grupo e o goberno foi o que provocou esta situación, incidindo que "con esa asunción de erros, esa rectificación e o falar entre ambas as partes podería non ter sucedido".

"Asumimos a nosa parte de responsabilidade e, desde logo, pensamos que os excesos de epítetos na comunicación poden ser prexudiciais para o bo entendemento", sinalou antes de incidir en que "os veciños están todos pendentes de que este acordo frutifique e poder así ter esas partidas orzamentarias para poder seguir adiante en beneficio da cidade".

Ambas as partes, goberno e Ferrol en Común, quedaron en constituír unha comisión de seguimento que, segundo o alcalde de Ferrol, estará creada "o máis tarde a próxima semana", pero na que non estará o grupo municipal do BNG.

A preguntas dos medios de comunicación, Mato referiuse ao que estima que pensarán os veciños desta cidade ante esta situación, tras escenificar hai catro días un gran desencontro entre ambas as formacións e agora que ambas saian á palestra con este acordo.

"Eu penso que a opinión que van ter os veciños é que están ante un goberno que fala e aos residentes o que lles vai a importar é que todos os proxectos que están previstos se materialicen, iso é o que verdadeiramente van valorar os veciños", sentenciou.

Anxo Mato e Jorge Suárez tras falar do acordo.
Anxo Mato e Jorge Suárez tras falar do acordo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta