Unanimidade parlamentaria para impulsar novos instrumentos de apoio á innovación en Galicia

Deste xeito, apuntou que "agora toca traballar na nova RIS para centrar as prioridades ata o 2027, onde deben estar implicados os axentes do sistema I+D+i, o tecido empresarial e a propia sociedade galega".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2021 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia instou á Xunta a impulsar desde a Comunidade galega novos instrumentos que actúen como panca para apoiar proxectos galegos innovadores e de calidade que compiten a nivel estatal. A proposición non de lei, que foi defendida polo PPdeG, foi apoiada por todos os grupos de Cámara na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos este martes.

"O estímulo ás empresas con alto potencial de crecemento que contribúen á transferencia de coñecemento por estar baseadas en tecnoloxía e innovación debe ser unha prioridade como axente dinamizador da economía en Galicia para garantir a transición cara a modelos empresariais máis competitivos e de valor engadido, determinantes do crecemento económico e soporte para a creación de emprego", dixo a deputada popular Sandra Vázquez.

Na súa intervención, da que informou o Grupo Parlamentario Popular nun comunicado, Vázquez destacou que a Xunta leva desenvolvendo desde 2014 a estratexia de especialización intelixente RIS 3, pola que concederon máis de 6.700 axudas e mobilizaron 1.900 millóns de euros froito da colaboración público privada.

Deste xeito, apuntou que "agora toca traballar na nova RIS para centrar as prioridades ata o 2027, onde deben estar implicados os axentes do sistema I+D+i, o tecido empresarial e a propia sociedade galega".

PAQUETE DE APOIOS PARA 2022

A curto prazo e con cargo aos orzamentos da Xunta para 2022, a deputada popular afirmou que se seguirá impulsando a innovación nas pequenas e medianas empresas, cun paquete de apoios que suman 33,6 millóns de euros, a través de novas iniciativas entre as que destacan un programa dirixido a crear centros de innovación nas novas empresas e un reforzo no apoio ás pemes dos bonos innovación, buscando especialmente maior incidencia no medio rural".

"A capacidade das empresas innovadoras de xerar novas solucións a través de produtos e servizos é un factor fundamental para preservar a competitividade e mellorar a produtividade, así como para alcanzar ritmos elevados de crecemento económico", sinalou.

Ademais, manifestou que as empresas de base tecnolóxica son un actor moi importante, debido a que teñen unha función crave ao achegar elementos máis disruptivos, transmitir a innovación e o coñecemento tecnolóxico ao tecido produtivo, e xerar postos de traballo de alta cualificación en ámbitos máis intensivos en coñecemento.

Sesión de control no Parlamento de Galicia, no momento no que intervén o portavoz socialista, Gonzalo Caballero, tres días antes das primarias socialistas para renovar a secretaría xeral do partido en Galicia
Sesión de control no Parlamento de Galicia, no momento no que intervén o portavoz socialista, Gonzalo Caballero, tres días antes das primarias socialistas para renovar a secretaría xeral do partido en Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta