As residencias rexistran 14 casos de Covid, 12 deles nun centro de discapacidade de Barbadás

Os contaxiados en residencias de maiores descenden de tres a dous tras notificar Sanidade o óbito dun home de 89 anos nunha residencia de Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2021 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

O brote de Covid-19 detectado nunha residencia de discapacidade do municipio ourensán de Barbadás con 12 usuarios infectados mantense co mesmo número de casos que hai unha semana, mentres que os centros de maiores reducen a dous os residentes contaxiados nun de Vigo.

Segundo os datos actualizados este mércores polas consellerías de Política Social e Sanidade --que publican semanalmente os casos en residencias--, no centro de discapacidade As Burgas de Barbadás seguen 12 usuarios contaxiados con Covid, que se manteñen illados polo protocolo sanitario.

Esa ducia de contaxios supoñen o 60% dos 20 usuarios que atende esta residencia. Tras detectarse o brote, os residentes, incluídos os que deron negativo na proba Covid, segundo indicou Política Social, foron illados polo protocolo do centro.

RESIDENCIAS DE MAIORES

En canto ás residencias de maiores en Galicia, descenden de tres a dous os usuarios contaxiados de Covid-19, todos no mesmo centro, fronte á semana pasada, ao notificar este pasado martes as autoridades sanitarias a morte dun residente.

O óbito correspondeu a un home de 89 anos de idade, que presentaba patoloxías previas, ingresado no hospital Povisa procedente da Residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo.

Por tanto, o brote na Residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo descende de tres a dous casos. A semana pasada tamén faleceu un home de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo usuario deste centro, diagnosticado con Covid-19 e que presentaba patoloxías previas.

Dous traballadores conversan na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021.. Carlos Castro - Europa Press
Dous traballadores conversan na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta