A Xunta ábrese a reformar o novo sistema de citas tras o rexeitamento dos colexios médicos

Comesaña recalca que "en ningún caso a atención ao paciente será algorítimica ou robótica"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, defendeu este mércores o novo sistema de xestión das consultas en Atención Primaria, denominado programa XIDE (Xestión Integral da Demanda en Equipo), mediante o cal o persoal administrativo derivará aos cidadáns ao servizo máis adecuado ás súas demandas e establecerá se será atendido telefonicamente ou de modo presencial.

En declaracións aos medios durante a súa participación nun acto en Vigo, e preguntado acerca das denuncias dos Colexios Médicos sobre esta cuestión, García Comesaña incidiu en que este proxecto, a pesar de suscitar "certas dúbidas" neses órganos, xa foi "comentado" na Comisión Técnica da Atención Primaria "e é unha demanda antiga dos propios facultativos".

Respecto diso, lembrou que a idea do Sergas é "recuperar o espírito dos equipos multidisciplinares" en Atención Primaria, especialmente nun momento no que o número de médicos "é escaso", para que os cidadáns sexan atendidos polo profesional "que mellor pode resolver o seu problema". Como exemplo, puxo a emisión de informes administrativos ou doutros documentos (como certificados para centros educativos), que non requiren dunha consulta médica.

En todo caso, sinalou que "se está definindo a mecánica" dun sistema que está a funcionar en modo piloto en dous ambulatorios (en Culleredo e Lugo), e que se mantén o contacto cos Colexios de Médicos, por tanto, "se hai que facer algún axuste", a administración está disposta a facelo. Así mesmo, recalcou que "en ningún caso a atención ao paciente será algorítimica ou robótica".

O sistema, defendeu, é unha ferramenta para o persoal administrativo do Sergas (Persoal de Servizos Xerais, PSX), que lles orienta sobre "cal é o mellor recurso para responder á demanda do paciente". Deste xeito, "no canto de pasar todo polo médico" o PSX pode derivar ao paciente ao servizo adecuado (administración, farmacia, enfermaría, etc.), mentres os facultativos céntranse en atender a demanda asistencial.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o director xeral do Hospital Clínic de Barcelona, Josep María Campistol Plana, asinan un convenio de colaboración para a aplicación e desenvolvemento da tecnoloxía Cart-T en Galicia
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o director xeral do Hospital Clínic de Barcelona, Josep María Campistol Plana, asinan un convenio de colaboración para a aplicación e desenvolvemento da tecnoloxía Cart-T en Galicia | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Luz del Norte

Claro, con este sistema los sanitarios no podrían enchufar a sus parientes y saltarse las listas de espera