Baixa a creación de empresas en Galicia no mes de outubro mentres repuntan os concursos

En outubro de 2021 disolvéronse 117 empresas en Galicia, o que supón 37 máis que en setembro, así como 34 máis que no décimo mes de 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2021 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a creación de 265 empresas en outubro, o que supón 14 menos que en setembro e 29 menos que no mesmo mes do ano anterior, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Ademais, repuntan as disolucións e os concursos neste mes.

Deste xeito, o capital medio subscrito polas sociedades creadas en outubro foi de 27.515,11 euros. A Coruña (o 42,64%) e Pontevedra (39,62%) lideran a constitución de empresas como habitualmente. A máis distancia están Lugo (o 9,81%) e Ourense (o 7,92%).

Case todas as compañías (262) adoptaron a forma de SL, mentres tan só houbo tres que se constituíron noutro tipo. O 26,8% correspóndense coa rama do comercio, seguida por hostalaría (o 11,3%).

A presenza do sexo masculino segue sendo maioritaria (o 72% dos socios). Mentres, o 70,6% das constituídas está formada por un único socio. Así mesmo, un total de 79 sociedades ampliaron capital social --dous máis que un ano antes-- por máis de 15 millóns.

REPUNTAN AS DISOLUCIÓNS

Pola súa banda, en outubro de 2021 disolvéronse 117 empresas en Galicia, o que supón 37 máis que en setembro, así como 34 máis que no décimo mes de 2020.

Paralelamente, 26 compañías reduciron capital, producíronse sete procedementos de fusión de sociedades e un de escisión. Un total de 35 sociedades pecharon outubro afectadas por concurso de acredores, son 16 máis que hai un ano e 27 máis que o pasado mes de setembro.

O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, durante o foro. MVR
O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, durante o foro. MVR

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta