"Inquietude" de alcaldes galegos ante a "gran cantidade" de solicitudes de parques eólicos

Ampliado a xuño de 2022 o prazo para que os concellos instalen o quinto colector de biorresiduos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/11/2021 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, trasladou a "inquietude" de alcaldes e alcaldesas ante "a gran cantidade de solicitudes para levantar parques eólicos en Galicia".

Parque eólico de Greenalia en Vimianzo
Parque eólico de Greenalia en Vimianzo | Fonte: Greenalia.

A este respecto, o presidente da Fegamp acordou convocar unha xornada informativa na que responsables do Ministerio poidan aclarar dúbidas, "xa que ante as ducias e ducias de proxectos dependentes ben do Plan Sectorial Eólico da Xunta, ben do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, hai moito descoñecemento nun tema que afecta á ordenación territorial municipal, que require a intervención da Administración Local e que preocupa aos veciños", dixo.

Por outro lado, o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) ampliou o prazo do que dispuñan os concellos de máis de 5.000 habitantes para instalar o quinto colector para a recollida selectiva de biorresiduos e, así, cumprir os prazos establecidos polo Proxecto de Lei de Residuos e Chans Contaminados.

Segundo informou a Fegamp, a organización trasladou ao Ministerio "a dificultade das entidades locais para cumprir o prazo", que agora se amplía ata xuño de 2022.

O presidente da Fegamp, Alberto Varela, destacou, nunha reunión mantida por videoconferencia, "a imposibilidade de chegar a tempo, nalgúns casos, mesmo pola propia normativa en materia de contratación pública".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta