Temas: NEVE MANZANEDA

A estación de Manzaneda, que rexistra a súa primeira nevada, prevé iniciar a tempada invernal o 27 de novembro

Hai semanas que comezaron os preparativos.

Por E.P. | Ourense | 03/11/2021 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Manzaneda amenceu cuberta de neve. A primeira nevada xa caeu na única estación de esquí galega, onde hai semanas, segundo trasladou nun comunicado, que comezaron os preparativos para encarar a tempada invernal.

Manzaneda rexistra a súa primeira nevada
Manzaneda rexistra a súa primeira nevada | Fonte: Estación de Manzaneda.

A previsión é que, se a climatoloxía o permite, os descensos en esquíes polas súas montañas poderán gozarse a partir do sábado 27 de novembro e ata o 17 de abril de 2022.

Os traballos de posta a punto nas instalacións avanzan a bo ritmo e está previsto levar a cabo a contratación de 25 persoas, tanto profesionais da hostalaría como expertos na preparación das pistas de esquí.

Estes traballadores sumaranse ao persoal que nos últimos meses conseguiu ofrecer, remarca a estación, "un servizo óptimo aos visitantes".

Temas: NEVE MANZANEDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta