Licitada a redacción dos proxectos de recuperación de inmobles no barrio lugués da Tinería

Sitúanse na rúa Catedral, 18 e 22.

Por E.P. | Lugo | 03/11/2021 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

A Xunta licita por máis de 30.000 euros a redacción dos proxectos de recuperación dos inmobles situados na rúa Catedral, 18 e 22, no barrio da Tinería de Lugo.

A Tinería dende a Porta Miñá
A Tinería dende a Porta Miñá | Fonte: Óscar Bernárdez - Lugo Xornal.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen ata o 13 de decembro. Estes dous inmobles foron adquiridos polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) no marco do programa Rexurbe. Agora preténdese recuperar para habilitar vivenda de promoción pública.

Segundo critica a Consellería de Medio Ambiente, Territorie e Vivenda, as obras de rehabilitación da Tinería "están actualmente pendentes da situación que vive a área de urbanismo do Concello de Lugo, que impide avanzar na rehabilitación" da Casa da Torre (Hospital de San Miguel) e no desenvolvemento da UI-8 que, ademais, permitirá desenvolver a rehabilitación do pazo de Dona Urraca.

O IGVS espera que "a situación de bloqueo se poida resolver no menor prazo posible para avanzar nos proxectos xa iniciados, á vez que se redactan os proxectos para a rehabilitación dos dous inmobles adquiridos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta