Xantar 2021 conxuga gastronomía e Camiño de Santiago

A única feira internacional de turismo gastronómico de España abriu este mércores 3 de novembro as súas portas en Expourense. Alfonso Rueda, presente na inauguración, calificou como “un acerto” dedicar a presente edición á gastronomía dos distintos Camiños a Santiago.

Por X.M. Fernández | Ourense | 04/11/2021 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O Camiño de Santiago e a gastronomía, dous dos principais motivos para visitar Galicia, conflúen este ano en Xantar para atraer turistas e posicionar a nosa comunidade internacionalmente como un destino atractivo e seguro. Aproveitarase este escaparate para seducir ao viaxeiro e turista post-covid con atributos que nos caracterizan como son: a natureza, o patrimonio, a contorna rural, pouca masificación e unha boa oferta enogastronómica.

Presentación Xantar 2021. Foto: Prensa Expourense
Presentación Xantar 2021. Foto: Prensa Expourense

Xantar é ademais unha das catro feiras internacionais de turismo celebradas en España en 2021 (as outras son FITUR, INTUR e B-Travel) e posiciona a Ourense á beira de Madrid, Valladolid ou Barcelona, como cidade organizadora de eventos. Esta edición será tamén a última sen AVE, como lembrou Rogelio Martínez, director de Xantar, na inauguración. Neste acto de apertura estivo tamén presente o vicepresidente 1º e Conselleiro de Turismo da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen indicou que “Xantar é o mellor envoltorio para vender Galicia a nivel internacional” e cualificou como “un acerto”dedicar a presente edición á gastronomía dos distintos camiños a Santiago porque é o mellor escaparate para animar aos turistas para visitar Galicia con motivo do Xacobeo”.

Arrinca así unha edición especial de Xantar, que se desenvolverá ata o día 7, e será a primeira que se celebra no mes de novembro, un cambio de datas que convenceu aos máis de 160 expositores do salón e que veu para quedar. Asociacións, federacións, concellos e empresas aproveitaron este primeiro día de feira, dedicado a Ourense, para celebrar unha comida de reencontro e confraternización nun dos 7 restaurantes desta edición.

ACTIVIDADES

As dúas aulas gastronómicas acolleron nesta xornada os primeiros obradoiros de cociña en directo que forman parte das máis de 100 actividades previstas para esta edición e incluídas no XVI Encontro Internacional sobre Gastronomía Saudable e Sostible que comezou coa conferencia inaugural impartida polo xornalista gastronómico e ex profesor da Basque Culinary Center, Josema Azpeitia, quen impartiu unha conferencia sobre a importancia da correcta formación dos futuros profesionais da hostalería referíndose tamén aos cambios na forma de ensinar que están provocando tantos programas e concursos televisivos sobre gastronomía.

Relacionado coa formación de profesionais, cómpre comentar que Xantar converterase estes días en aula magna práctica dunha ducia de escolas de hostalería de Galicia e Portugal que traerán aos seus alumnos e alumnas para participar nas actividades de Xantar. 

Nesta xornada inaugural celebrouse unha nova edición do workshop de turismo gastronómico, evento no que participaron unha decena de axencias de viaxes de España especializadas neste sector, e tamén tivo lugar unha vez máis o Encontro de Bloggers Turísticos e Gastronómicos no que participaron unha trintena de blogueiros de Galicia, Portugal, Asturias, Andalucía, León e Estados Unidos.

Polo que respecta aos expositores, nesta primeira xornada foron presentados produtos innovadores como a “BoinadePueblo” de Carnicería de Pobo ou a 'bica en frasco de cristal' de Autentica Ourensá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta