Carolina Darias: "España está nun nivel óptimo para achegarse á inmunidade de grupo"

A ministra de Sanidade instou a "non baixar a garda" e a promover "a cultura do coidado", á vez que fixo un chamamento para que as persoas que aínda non se vacinaron o fagan.

Por E.P. | MADRID | 04/11/2021 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, sinalou que, "con toda prudencia, hai unhas condicións óptimas para ter o virus acurralado", e engadiu que, con case un 90 por cento da poboación diana vacinada, "España está nun nivel tremendamente óptimo para estar preto da inmunidade de grupo".

Así se pronunciou a ministra na rolda de prensa posterior ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), onde destacou o valor da vacinación. "A vacinación no noso país ten unhas cifras espectaculares, unhas coberturas moi altas que fan que xa teñamos a 38 millóns de persoas polo menos con doses, o 90,4 da poboación diana; e a 37, 4 millóns de persoas con pauta completa, practicamente o 89 por cento da poboación maior de 12 anos", detallou.

Tamén destacou que o grupo de persoas con idades comprendidas entre os 30 e os 49 anos presentan unha incidencia moi menor, consecuencia da alta cobertura vacinal. Ademais, engadiu que 1.200.000 persoas contan xa coa dose adicional. No entanto, instou a "non baixar a garda" e a promover "a cultura do coidado", á vez que fixo un chamamento para que as persoas que aínda non se vacinaron o fagan.

En canto á incidencia acumulada en 14 días, fixo referencia ao lixeiro aumento que se produciu na última semana, pero subliñou que agora se chegou a unha situación de estabilización, xa que a cifra se mantén nos 49 casos.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias  Europa Press
A ministra de Sanidade, Carolina Darias Europa Press

OCUPACIÓN HOSPITALARIA

Outro indicador que resaltou a ministra é o da ocupación hospitalaria, que continúa descendendo. "Agora non temos que mirar con tanta intensidade a ocupación hospitalaria, tanto de camas hospitalarias como de UCI. Estamos nun 1,48 de ocupación de cama hospitalaria e, na UCI, nun 4,5 por cento, é dicir, por baixo do 5 por cento", precisou Darias, para engadir que "se trata dunha cifra importante de nivel baixo de risco".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta