Navantia avanza un acordo coa auxiliar ElectroRayma que "vela polo mantemento do emprego"

A auxiliar cifraba en 4,7 millóns o custo dos modificados na construción dos buques do tipo AOR.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A empresa naval pública Navantia trasladou que chegou a un acordo coa firma auxiliar ElectroRayma, asentada en Narón, respecto dos sobrecustos rexistrados na construción dos buques do tipo AOR para a Armada de Australia.

Durante os últimos días as negociacións entre responsables da compañía pertencente á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e da empresa de electricidade e electrónica fóronse sucedendo para tratar de desbloquear un asunto que levou aos propios operarios de ElectroRayma a protagonizar varias mobilizacións, dado que consideraban que o futuro dos seus postos de traballo estaba en risco polas dificultades financeiras da empresa auxiliar e que debe aos seus traballadores dúas nóminas.

"Cremos que é un resultado positivo porque ambas as partes conseguimos resolver o contencioso de forma negociada e amparada nos termos do contrato, como Navantia sempre defendeu, e porque a solución alcanzada vela polo mantemento do emprego", sinalan fontes consultadas da empresa naval. Polo momento non transcendeu os termos deste acordo nin a cantidade fixada, pero a auxiliar cifraba en 4,7 millóns o custo dos modificados.

Traballadores de ElectroRayma ás portas de Navantia Fene.. CEDIDA
Traballadores de ElectroRayma ás portas de Navantia Fene.. CEDIDA | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta