A CIG pide restituír o dereito das docentes a facer a revisión xinecolóxica en Pontevedra

O sindicato solicitou a intervención da Consellería de Educación ante o "agravio" de obrigar a estas docentes a desprazarse a Vigo, mentres se mantén o servizo "baixo mínimos" en Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2021 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino instou á Consellería de Cultura, Educación e Universidade a restituír o dereito das docentes de Pontevedra a realizar a revisión xinecolóxica no citado municipio.

O sindicato solicitou á intervención do departamento autonómico ante o "agravio" de obrigar a estas docentes a desprazarse a Vigo, mentres se mantén o servizo "baixo mínimos" en Pontevedra.

Así, denunciou "a negativa da empresa Cualtis" a realizar as citadas revisións das profesoras en Pontevedra, unha situación que "podería afectar a algo menos de 4.000 mulleres".

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta