Salva a vida grazas a reanimación que lle fixeron catro persoas en plena rúa

O incidente tivo lugar nunha céntrica zona de Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 04/11/2021 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Catro veciños de Pontevedra conseguiron reanimar a outro que sufriu un infarto en plena rúa nesta cidade. Os feitos aconteceron preto da Av. Lugo, ás 19:30h da tarde deste xoves cando unha home sentiuse mal e foi atendido por estas persoas que se atopaban na rúa nese momento. 

Reanimación cardiopulmoanr na rúa
Reanimación cardiopulmoanr na rúa | Fonte: Televisa

Estas catro persoas practicáronlle unha reanimación cardiopulmonar (RCP) ao home que estaba sufrindo un infarto nese momento. A súa acción serviu para mantelo con vida ata a chegada dos sanitarios do 061.

O home foi trasladado de urxencia ao hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo para practicar un cateterismo.  Nas redes sociais destacaron a actitude cívica destes cidadáns que, coa súa acción conseguiron salvar a vida dunha persoa antes de que chegaran os servizos médicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta