Ourense, única provincia na que aumentan os nacementos ata setembro en Galicia

Galicia rexistra un 3,4% menos de nacementos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2021 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total de 11.189 nacementos ata setembro, o que supón 387 menos (-3,35%) que nos nove primeiros meses de 2020, segundo os datos dun estudo experimental que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así, prodúcese unha moderación na caída, pois o retroceso ata o mes de agosto chegara ao 3,93%. No entanto, o 3,35% de descenso de nacementos galegos ata setembro supón unha diminución maior que a media española (-2,9%).

Por provincias, nos nove primeiros meses do ano houbo 4.794 nacementos na Coruña (-3%). Séguelle Pontevedra, con 4.058 (-4,3%); Lugo, 1.243 (-4,3%); mentres Ourense é a única que sobe, con 1.094 (+0,44%).

Na comparativa con 2019, os 11.189 alumeamentos galegos tradúcense nunha diminución de 675 (-5,7%) respecto de hai dous anos polas mesmas datas.

Bebé lactando. UMU
Bebé lactando. UMU | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta