Dous organizadores dun festival en Miño irán a xuízo por non dar de alta na Seguridade Social a dez traballadores

Inspección realizou unhas visitas, xunto cun axente da garda civil, ao evento e atopouse traballando a 10 persoas "sen estar ningún dado de alta na Seguridade Social polos acusados con carácter previo ao comezo da actividade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2021 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o xoves, día 11, un xuízo contra dous socios empresariais, aucsados dun delito contra os dereitos dos traballadores, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

En concreto, Fiscalía acusa os encargados de organizar un festival de non dar de alta na Seguridade Social a dez traballadores e pide para cada un dos procesados dous anos de cárcere.

O festival tivo lugar entre o 24 e o 27 de agosto de 2017, na praia grande de Miño. Tratouse do evento Free Riders Festival, consistente nunha exhibición de motos e concertos de música, organizada por unha empresa da que eran socios os acusados. "Durante os días nos que durou estiveron a traballar na organización do festival un total de 11 persoas, especialmente dedicadas a prestar servizos no bar".

Inspección realizou unhas visitas, xunto cun axente da garda civil, ao evento e atopouse traballando a 10 persoas "sen estar ningún dado de alta na Seguridade Social polos acusados con carácter previo ao comezo da actividade".

Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta