O Defensor do Paciente pide a Fiscalía que investigue a situación dos pacientes no psiquiátrico de Conxo

Cualifica o informe do Defensor del Pueblo de "grave" e pide a intervención para determinar a posible comisión de delito.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/11/2021 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

O Defensor do Paciente solicitou á Fiscalía galega que investigue a situación dos pacientes no centro psiquiátrico de Conxo, tras o informe do Defensor do Pobo sobre "irregularidades" na atención aos mesmos.

Nunha carta remitida á Fiscalía Superior de Galicia, o Defensor do Paciente sostén que o citado informe "explica como se están violando os dereitos fundamentais das persoas, cun trato propio doutros tempos" e que cualifica de "graves", motivo polo que pide a súa intervención para determinar a posible comisión de delito.

No seu escrito, alude tamén ao comunicado do Movemento Galego da Saúde Mental, que denunciou a vulneración de "os dereitos fundamentais dos pacientes con problemas de saúde mental", en referencia ao informe elaborado polo Defensor do Pobo tras unha visita ao Hospital Psiquiátrico de Conxo.

"Entre os días 6 e 8 de xullo, un equipo deste órgano, encargado de velar polos dereitos do cidadán, presentouse sen previo aviso no psiquiátrico, dentro do proxecto de visitas con enfoque de xénero. Alí, observou unha serie de "irregularidades" que van desde a falta de información clínica e social dos pacientes ata a ausencia de rexistros de casos e motivacións das contencións mecánicas realizadas", remarca esta entidade.

Esta memoria da inspección, que tamén se detén nas condicións de habitabilidade do edificio, "pon especialmente de manifesto a falta dun proxecto realmente rehabilitador, que teña en conta motivacións diferenciais por idade, problemática de saúde ou envellecemento activo".

Segundo o Defensor do Pobo, engade Movemento Galego da Saúde Mental , "en Conxo tampouco se facilitan as comunicacións co exterior nin a realización de talleres ocupacionais que, asegura, só benefician a un 23% dos pacientes", cita, entre outras cuestións.

Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela.
Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta