Ferraz destitúe o comité organizador do congreso do PSdeG designado por Caballero e nomea un proposto por Formoso

A nova comisión organizadora do máximo órgano de decisión do partidio controlará os recursos humanos do partido e do grupo parlamentario.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/11/2021 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

A Comisión Executiva Federal do Partido Socialista destituíu este luns o comité organizador do XIV Congreso Nacional do PSdeG que fora designado baixo a dirección do que era secretario xeral Gonzalo Caballero --órgano que presidía a expresidenta do Parlamento Dolores Villarino-- para nomear unha nova comisión proposta polo novo líder da formación, Valentín González Formoso.

Valentín González Formoso e Gonzalo Caballero escenifican concordia no seu primeiro encontro, no Pazo do Hórreo, tras as primarias nas que venceu o actual presidente da Deputación da Coruña
Valentín González Formoso e Gonzalo Caballero escenifican concordia no seu primeiro encontro, no Pazo do Hórreo, tras as primarias nas que venceu o actual presidente da Deputación da Coruña | Fonte: Europa Press.

Nunha resolución con data de este luns e asinada polo responsable de Organización do PSOE, Santos Cerdán, a Comisión Executiva Federal lembra que Formoso foi proclamado secretario xeral do PSdeG pola Comisión Nacional de Ética do PSdeG o pasado 5 de novembro, data na que propuxo a creación desta comisión, unha posibilidade recollida nos estatutos da formación.

Esta nova comisión organizadora, que dependerá do novo secretario xeral, estará composta pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Vilgarcía de Arousa e presidente da Fegamp, Alberto Varela; o rexedor de Ames, Blas García; o administrador-xerente do partido, Luís Ángel Lago Lage; o alcalde de Valdoviño, Alberto González; a edil pontesa, Ana Pena; e a ex-xefa de gabinete de Emilio Pérez Touriño, Teresa Facal; e a deputada autonómica e secretaria provincial do PSOE de Lugo, Patricia Otero.

Ademais da organización do propio congreso, a comisión dirixirá os recursos humanos e do persoal contratado tanto polo Partido Socialista de Galicia como polo Grupo Parlamentario.

Fontes socialistas trasladaron que esta resolución de Ferraz deixa claro que a executiva galega de Gonzalo Caballero "deixou de ter competencias" coa elección do novo secretario xeral.

Así mesmo, sinalaron que a nova comisión deberá axustar o calendario do congreso ao detectar que "traballos do proceso estaban sen atenderse" tendo en conta que, a data deste luns, "non comezara" a redacción do relatorio marco a pesar de que "o calendario fixaba o día 10 para que ese documento remitísese ás agrupacións".

CONGRESOS PROVINCIAIS

Outra das funcións que terá esta comisión será a coordinación das comisións executivas provinciais para planificar a convocatoria dos seus procesos congresuais, que sedeberán convocarse tras a celebración do XIV Congreso Nacional do PSdeG.

Fontes socialistas sinalaron que, aínda que en Pontevedra e Ourense pensaban convocar antes de que se celebrase o congreso galego, a resolución de Feraz "aclara o calendario" e fará que os catro conclaves provinciais se celebren a finais de xaneiro, xa en coordinación coa nova executiva galega que pilotará Formoso.

A continuación, os socialistas galegos abordarán a renovación das súas estruturas municipais, o que se producirá entre febreiro e marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta