Declaran a Fundación Agroalimentaria Galega de interese para potenciar o desenvolvemento rural

Busca potenciar o sector agroalimentario da comunidade, co consecuente desenvolvemento e potenciación do medio rural.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/11/2021 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se declara de interese galego e ordénase a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Agroalimentaria Galega.

Nun comunicado, o departamento que dirixe José González sinala que a pertinente declaración e inscrición procede porque esta fundación ten como obxectivo a consecución da agrupación, unión e colaboración de diferentes organizacións e entidades do ámbito agroalientario para fomentar e promover o sector na comunidade, co consecuente desenvolvemento e potenciación do medio rural galego.

Para a consecución dos seus fins, a Fundación Agroalimentaria Galega contempla a posta en marcha dun proxecto global de cooperación entre os distintos estamentos da sociedade co fin de reactivar e relanzar ao sector agroalimentario galego, a promoción da innovación e a tecnoloxía para a súa consolidación e o impulso de novos produtos, canles de distribución, procesos e comercialización dos produtos.

Así mesmo, busca aglutinar e apoiar accións para facer fronte aos retos da industria agroalimentaria galega, promover iniciativas empresariais e transformadoras que redunden na promoción, a transformación, a modernización e a recuperación do sector e a mellora do rendemento das explotacións e potenciar e/ou colaborar con estratexias que redunden en beneficio do sector agroalimentario galego.

Do mesmo xeito, a Fundación Agroalimentaria Galega persegue captar e atraer investimentos nacionais ou internacionais e potenciar a peme agroalimentaria galega e o desenvolvemento do emprendimiento nas zonas rurais de Galicia. Tamén colaborar coas administracións públicas e empresas co obxectivo de conseguir selos e denominacións de calidade diferenciadas nas producións galegas, así como para recuperar e pór a producir terreos en estado de abandono en Galicia, entre outros obxectivos.

Cultivo de pataca
Cultivo de pataca | Fonte: campogalego.com. Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta