Temas: MAR FERROL DRON

Galicia presenta un dron mariño autónomo que pode navegar grandes distancias sen control humano

Trátase do proxecto Nereo no que traballan varios investigadores do Campus Industrial.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/11/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Varios investigadores do Campus Industrial de Ferrol crearon un prototipo de dron mariño autónomo que pode navegar grandes distancias debido a que é autopropulsado e sen necesidade de control humano, unha iniciativa creada ao amparo do proxecto denominado Nereo e que nestes momentos está en fase de proba. A iniciativa foi mostrada este martes á directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, nunha visita que realizou ao Edificio de Talleres do Campus de Ferrol.

Presentación do proxecto Nereo en Ferrol
Presentación do proxecto Nereo en Ferrol | Fonte: Europa Press.

Actualmente os responsables deste proxecto xa están na fase de probas, para o que crearon un dron a escala 1:2. Trátase dun modelo trimarán, de dous metros de eslora, que lle permite maximizar a estabilidade e a seguridade na navegación e que utiliza unha vela ríxida como método de propulsión.

Ademais sérvese dun sistema de navegación autónomo que lle permita navegar grandes distancias sen necesidade de intervención humana desde terra, barallando que antes de que finalice este ano 2021 poidan realizar xa as probas de navegación real.

O proxecto Nereo iniciouse hai catro anos, en 2017, cando tres estudantes do Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria (ULPGC), Jaouad Ezzannouny, Jesús Artal e Boris Carballo, comezaron a traballar no deseño e construción dun dron maríño autónomo.

En 2019, este tres enxeñeiros trasladáronse ata o Campus Industrial de Ferrol para cursar o Máster en Enxeñaría Naval Oceánica. Aquí, co apoio do profesorado da antiga Escola Politécnica Superior (EPS) de Ferrol crearon a organización estudantil 'Oceanic & Marine Engineering Student Association'.

Foi así como o proxecto Nereo comezou a crecer e, ao longo do ano 2020, sumáronse a esta iniciativa cinco novos enxeñeiros e estudantes do máster, Jaume Timoner, Pablo Valencia, Carlos Navarro e David Pérez, así como o alumno do MBA do Centro de Estudos Superiores de Galicia, Carlos de Troya.

A directora da Axencia Galega de Innovación convidou aos responsables deste proxecto a sumarse á aceleradora do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados de Galicia, a Bussines Factory Aero (BFAero), á vez que destacou todos os avances alcanzados nos últimos tempos polo equipo de traballo.

Temas: MAR FERROL DRON
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta