O Sindicato Labrego apela á "unidade de acción" en defensa do sector lácteo e afea a Unións Agrarias que "se desmarque"

Avanza a presentación dunha serie de mocións nas corporacións municipais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/11/2021 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego apelou a manter "unidade de acción" en defensa do sector lácteo a través da organización de protestas en apoio das granxas galegas e contra as prácticas "abusivas" das empresas. O SLG afea a Unións Agrarias que se "desmarque" da chamada á unidade trasladada polo sindicato a pasada semana.

Lácteos, leite, vacas
Lácteos, leite, vacas | Fonte: XUNTA - Arquivo.

Así, lamenta que a proposta "de mínimos" presentada a UUAA para celebrar unha mobilización unitaria que, lembran, xa existe no marco estatal, fose rexeitada pola organización agraria que encabeza Roberto García.

No entanto, o SLG subliña que continúa coa súa aposta por accións conxuntas e incide en que a proposta de unidade permanece "intacta" para defender os produtores galegos fronte ás industrias "que se negan" a subir os prezos.

Neste sentido, avanzou a presentación dunha serie de mocións nas corporacións municipais, onde demandarán o apoio das administracións para as granxas galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta