A nova estratexia de mobilidade sustentable do Concello de Santiago situará sensores en mobiliario urbano

Esta actuación adxudicouse á empresa galega Itera Técnica por un importe de algo máis de 381.000 euros co obxectivo de desenvolver un proxecto "innovador" nesta materia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2021 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago de Compostela porá en marcha un proxecto para mellorar a mobilidade na cidade, que incluirá a localización de sensores en bancos e outros elementos urbanos para avaliar a mobilidade, entre outras actuacións.

O edil de Presidencia e Turismo, Sindo Guinarte, presentou este mércores o proxecto de investigación e desenvolvemento de algoritmos avanzados de modelado e simulación de mobilidade peonil, incluído dentro de Smartiago, acompañado da CEO de Itera Técnica, Lorena Rosende, e do responsable do proxecto, Diego Piñeiro.

Esta actuación adxudicouse á empresa galega Itera Técnica por un importe de algo máis de 381.000 euros co obxectivo de desenvolver un proxecto "innovador" nesta materia.

"Compramos investigación e desenvolvemento", resumiu o concelleiro, que explicou que a empresa terá que desenvolver un banco de probas para o deseño de novas estratexias de face a unha mobilidade sustentable.

Para iso, entre outras actuacións, levará a cabo unha simulación da mobilidade peonil mediante datos reais obtidos a través dos sensores que se coloquen no mobiliario urbano. Tamén se desenvolverá unha App, "que sirva de incentivo de hábitos de mobilidade sustentable", apuntou o responsable do proxecto.

Neste sentido, Diego Piñeiro sinalou que todas as actuacións están encamiñadas a "buscar solucións innovadoras para contribuír á racionaliación do tráfico de vehículos ao centro histórico e diminuír os gases invernadoiro".

Por outra banda, explicaron que o prazo de execución de toda a actuación é novembro de 2022. En concreto, precisaron que a implantación está prevista para o ano que vén, paralo que xa se empezará co desenvolvemento dos sensores e outras actuacións incluídas na adxudicación.

Presentación dun proxecto de Smartiago. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Presentación dun proxecto de Smartiago. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta