Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/11/2021 | Actualizada ás 18:45
Os bancos de alimentos que se atopan en Galicia distribuirán máis de 177 toneladas de alimentos grazas ao sector asegurador.
Farano tras a doazón de 3,8 millóns de euros realizada no conxunto estatal por 107 aseguradoras á Federación Española de Bancos de Alimentos (Fesbal).
En concreto, o Banco de Alimentos de Rías Altas distribuirá 52.375 quilos; 41.941 quilos, o Banco de Alimentos de Lugo; 27.138 quilos, o Banco de Alimentos de Ourense; e 55.670 quilos, o Banco de Alimentos de Vigo.
Os fondos achegados polo sector asegurador permitirán repartir 3,6 millóns de quilos de alimentos e outros produtos de primeira necesidade por toda España. Ou o que é o mesmo, 14,3 millóns de racións.
A contribución aos Bancos de Alimentos forma parte de 'Estar Preparados (para estar máis seguros)', o programa solidario que coordina Unespa en nome das súas entidades asociadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.