O sector do libro recupérase e o cinema afúndese en Galicia

O informe do Consello da Cultura Galega aprecia unha recuperación, aínda que lenta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/11/2021 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O libro achega as mellores noticias no proceso de recuperación do sector cultural tras un aumento no número de publicacións e editores. No lado oposto atópase o cinema, aínda pendente de reporse dos efectos da crise sanitaria que mantivo durante meses as salas pechadas.

Libros
Libros | Fonte: Xunta de Galicia.

Así figura nun informe elaborado polo Consello da Cultura Galega, que foi difundido este mércores e no que figura a perda de 3 millóns de espectadores nas salas de cinema galegas que supuxo unha baixada da recadación de 17,4 millóns de euros.

Pola súa banda, o número de libros inscritos no ISBN aumentou un 34,5% e os publicados en galego foron 489 máis que en 2019, impulsado pola edición en dixital.

Estas cifras figuran no informe de 'Conxuntura estatítica do ámbito cultural' do Consello da Cultura Galega (CCG), que reflicte unha repunta no gasto en cultura por habitante.

"Aínda que se detectan signos negativos, tamén se aprecian indicadores que mostran un horizonte de recuperación polo menos para algúns dos principais subsectores que compoñen a cultura", resalta a análise do documento, que incide na recuperación existe, pero aínda é lenta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta