As deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo advirten: o convenio dos GES debe ser negociado

Insisten en que ten que ser aceptado "por todas as partes" e non "imposto unilateralmente" polo Goberno galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2021 | Actualizada ás 21:22

Comparte esta noticia

As deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo advertiron á Xunta que o novo convenio regulador dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais debe ser negociado e aceptado "por todas as partes" e non "imposto unilateralmente" polo Goberno galego.

Nun comunicado conxunto, insistiron ademais en que a repartición económica non debe supor "novos incrementos para as deputacións", que xa duplicaron as súas achegas no período de 2019 a 2021 pasando do 20 ao 40 por cento do custo total, mentres a Xunta baixouno do 60 ao 52,5 por cento.

Por iso, demandan á Xunta que "asuma as necesidades de maior financiamento", lembran que se trata dun servizo "incluído no marco das súas competencias" e rexeitan que utilice o Fondo de Cooperación Local "para alimentar as súas achegas".

Alfonso Rueda fai entrega do novo vehículo ao GES de Lalín.. XUNTA
Alfonso Rueda fai entrega do novo vehículo ao GES de Lalín.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta