Seis detidos nun operativo con 43 arrestados por comprar e vender billetes falsos a través de Internet

A venda realizábase a través do perfil dunha coñecida rede social que contaba con máis de1.600 subscritores.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 12/11/2021 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A Policía Nacional, en colaboración con Europol, detivo a 43 persoas, seis delas en Galicia, pola súa presunta implicación nun delito de introdución de moeda falsa no circuíto financeiro.

Dous dos apresados, principais responsables da venda, foron detidos en Huelva, mentres que o resto foron arrestados por toda a xeografía nacional como compradores de billetes falsos de 20 e 50 euros. Fontes da Policía Nacional concretaron a Europa Press que do total de detidos, tres foron arrestados na provincia da Coruña, un na de Lugo e dúas na localidade de Marín.

Segundo un comunicado de prensa da Policía Nacional, a venda de billetes falsos realizábase a través dun perfil dunha coñecida rede social que contaba con 1.620 subscritores e que serviu aos axentes para iniciar a investigación.

DESDE NOVEMBRO DE 2020

En concreto, as pescudas comezaron en novembro de 2020 e, tras diversas xestións policiais ao coñecerse a existencia deste perfil en Internet, procedeuse ao rexistro de dous domicilios en Huelva e á posterior detención dos dous principais responsables da venda de billetes falsos. Durante o rexistro acháronse varios teléfonos móbiles e diverso material informático, dez billetes falsos de 20 euros, un de 50 e un total de 5.860 euros en diñeiro lexítimo.

Así, tras o estudo das contas, equipos informáticos e teléfonos móbiles, procedeuse tamén á identificación e detención de 41 persoas que compraban os billetes aos dous detidos en Huelva, a través de Internet, nas provincias de Alacante, Asturias, Ávila, Baleares, Barcelona, Cáceres, Cádiz, Cantabria, Huelva, Xaén, A Coruña (3), A Rioxa, Lugo (1), Madrid, Málaga, Pontevedra (2), Sevilla e Toledo.

Axentes da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Axentes da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta