G. Caballero advirte que resistirá: "Xa tiven que pasar por travesías no deserto en momentos moi complexos"

Encadra en "rumores" e "informacións sen suxeito" as presións para que deixe a portavocía parlamentaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, encadrou en "rumores" e "hipóteses" procedentes de "informacións sen un suxeito detrás" as supostas presións para que dea un paso e abandone o seu cargo á fronte do Grupo Socialista no Cámara galega.

Este venres, nunha rolda de prensa no propio Pazo do Hórreo, o secretario xeral saínte reivindicou en varias ocasións o seu compromiso co partido e cos valores da "esquerda" e o "galeguismo" para "confrontar coa dereita, o PP e Feijóo".

"Vou seguir remando para que o PSdeG siga avanzando pola esquerda en contraposición ás políticas conservadoras de Feijóo e o PP. É a postura que debemos ter todos os socialistas alí onde nos corresponda estar", incidiu Caballero, que di estar pendente dunha chamada do seu sucesor á fronte do partido, Valentín González Formoso, para abordar "a transición" na organización e o grupo parlamentario.

Neste sentido, o portavoz na Cámara afirmou ese proceso de transición levaráse a cabo "de forma paritaria" entre a dirección saínte e a entrante, á vez que defendeu que as supostas presións para que deixe o seu cargo á fronte do grupo na Cámara son ata o momento "rumores" e "hipóteses".

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, nunha roda na Cámara autonómica. PSDEG
O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, nunha roda na Cámara autonómica. PSDEG | Fonte: Europa Press

RUMORES

"Todos son rumores, informacións sen suxeitos. Non debo entrar a contestar rumores, hipóteses e declaracións que non teñen a ningunha persoa como referente", aseverou Caballero, que subliñou que a súa intención é atender o "compromiso" co partido e con "os galegos".

"Teño unha longa traxectoria no partido. Tiven que pasar por travesías no deserto en momentos moi complexos e teño todo o carácter positivo", engadiu, tras pór o acento en que sabe "da importancia da resistencia e a resiliencia".

Así as cousas, aludiu a que se debe "á militancia" do Partido Socialista en Galicia e, despois de agradecer ao 40% das bases que apoiaron a súa candiatura para revalidar o cargo nas primarias vencidas por Formoso, aseverou que a súa intención é "cumprir" cos "compromisos" e "seguir traballando" para un proxecto socialista "de esquerdas, galeguista, ecoloxista e feminista". "En política as cousas van e veñen. E a traxectoria e o compromiso político é unha referencia que sempre tiven na miña vida", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ricardo R.

Patético Gonzalo. Para casa y acorta tu penosa decadencia política