O Rei defende ante os empresarios a "gran capacidade de superación" do tecido empresarial tras a pandemia

Así, asegurou que a economía e o tecido empresarial está agora "en fase de recuperación" tras unha experiencia "moi dura" con "escasos prececentes na historia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

O rei Felipe VI reivindicou este venres a "gran capacidade de adaptación e de superación" demostrada polas empresas por mor da pandemia da covid-19, que propiciou "situacións ás veces dramáticas que esixían resposta para as que non había un manual".

Así, asegurou que a economía e o tecido empresarial está agora "en fase de recuperación" tras unha experiencia "moi dura" con "escasos prececentes na historia". "Esixiu o mellor de nós, como persoas, como cidadáns e como membros dunha mesma comunidade", engadiu, sobre a pandemia.

Deste xeito expresouse o monarca durante a súa intervención durante un xantar conmemorativo do 40 aniversario da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), ao que tamén asistiron a vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz; o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto a todos os membros do seu Executivo; así como os presidentes das patronais española e galega, Antonio Garamendi e Juan Manuel Vieites, respectivamente; e o titular do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.

Ante os centos de asistentes a este acto, celebrado no Museo Centro Gaiás de Santiago, o rei subliñou o valor da democracia e do marco da Constitución e os estatutos de autonomía, por "establecer un marco de convivencia" para "canalizar as discrepancias e propiciar os acordos", así como para "activar a creatividade humana" en todos os ámbitos, tamén no empresarial.

O Rei Felipe V (c) durante o xantar que serve para conmemorar o 40º aniversario da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, a 12 de novembro de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia, (É. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O Rei Felipe V (c) durante o xantar que serve para conmemorar o 40º aniversario da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, a 12 de novembro de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia, (É. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta