Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 17:09
Axentes da Policía Local de Teo asistiron a un home de 67 anos de idade que entrou en parada cardiorrespiratoria mentres conducía o día de San Martiño nas inmediacións da feira.
Segundo informou a Policía Local, pouco antes das 16,00 horas deste xoves a Policía Local, que estaba no operativo organizado pola feira do San Martiño na zona da robleda foi requirida para un servizo de emerxencia nas inmediacións do establecemento Bar Touceda por unha posible parada cardiorrespiratoria dun home de 67 anos no interior do seu vehículo.
Nese momento achegáronse catro policías a ese punto e, segundo o protocolo establecido, comezaron as manobras de reanimación cardiopulmonar mentres avisaban ao 061, cuxos efectivos chegaron tras 15 minutos de reanimación.
Os sanitarios comprobaron á súa chegada que "o pulso é débil, pero que aínda ten vida", destacan as mesmas fontes policiais, e foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde quedou ingresado na UCI.
O Concello e a Policía Local de Teo destacan o "gran traballo dos axentes e o persoal municipal" implicados nunha intervención na que "a inmediatez é fundamental", sentenciou.
En relación a estas emerxencias, o Concello de Teo informou que vai comprar un desfibrilador automático (DESA) para o servizo da Policía Local, co fin de que "poidan utilizalo en intervencións urxentes ao poder levalo no vehículo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.