Veciños, comerciantes e hostaleiros da rúa compostelá Concheiros protestancontra o atraso nas obras

Protagonizan unha cazolada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/11/2021 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Decenas de veciños, comerciantes e hostaleiros participaron este venres nunha protesta contra o atraso que acumulan as obras na rúa Concheiros, en Santiago de Compostela.

Protesta na rúa Concheiros, en Santiago de Compostela, contra o atraso nas obras
Protesta na rúa Concheiros, en Santiago de Compostela, contra o atraso nas obras | Fonte: BNG.

Así, realizaron unha cazolada ao mediodía nun ambiente festivo, no que varios participantes portaron chaleco e casco de obras. Ademais, víronse disfraces e caretas do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e do concelleiro de Obras, Javier Fernández.

A protesta contou coa participación das portavoces de Compostela Aberta, Marta Lois, e do BNG, Goretti Sanmartín, entre outros participantes.

Esta mobilización convocouse para este 12 de novembro porque era unha das últimas datas que se deron por parte do Concello como data de finalización.

Estas obras, que afectan a rúa que supón a principal entrada do Camiño de Santiago na capital de Galicia, acumulan meses de atraso, coas consecuentes molestias para comerciantes e veciños da zona.

Un dos carteis dos manifestantes rezaba 'Placa Non Inauguración. Esta rúa foi inaugurada polo señor alcalde Bugallo III, neto do que foi alcalde da obra do Escorial'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta