A DXT acometerá esta semana unha campaña para verificar pneumáticos e luces dos vehículos

Será entre o mércores e o xoves.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2021 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) desenvolverá entre o mércores e o xoves desta semana unha campaña para verificar o estado dos pneumáticos e das luces dos vehículos que circulen polas estradas galegas.

A través dun comunicado, a DXT lembra que en Galicia, nesta época do ano, "diminúe notablemente" a luminosidade nas vías e é "máis frecuente a meteoroloxía adversa", polo que aumenta a necesidade de verificar o correcto estado de ambos os elementos.

O ano pasado, o 62 por cento dos vehículos nos que viaxaban as vítimas mortais de accidentes de tráfico en vías urbanas tiñan máis de 10 anos de antigüidade, un feito que motivou que as Xefaturas de Tráfico en Galicia volvesen a incluír no calendario anual de campañas unha dedicada exclusivamente á vixilancia das condicións dos automóbiles que circulan polas estradas e, en concreto, dos pneumáticos e as luces.

Durante a campaña similar levada a cabo en 2020, controláronse máis de 16.300 vehículos. Así, impuxéronse 415 denuncias polo estado das rodas --261 a turismos, 126 a furgonetas e 107 a autobuses e camións--, 131 por defectos na iluminación e outras 11 sancións por incumprir a distancia de seguridade.

Retencións na A-55 en Tui en dirección a Valença (Portugal) o 1 de febreiro de 2021, primeiro día laborable do novo peche de fronteiras decretado para frear a pandemia de COVID
Retencións na A-55 en Tui en dirección a Valença (Portugal) o 1 de febreiro de 2021, primeiro día laborable do novo peche de fronteiras decretado para frear a pandemia de COVID | Fonte: DXT.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta