Colisión múltiple con seis persoas feridas no Barco de Valdeorras

O incidente tivo lugar ás 07.30 deste luns.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/11/2021 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

Unha colisión con catro vehículos implicados rexistrada na mañá deste luns saldouse con seis persoas feridas no termo municipal do Barco de Valdeorras.

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente tivo lugar uns minutos antes das 7,30 horas deste luns na Avenida Conde de Fenosa.  O 112 Galicia tivo coñecemento desta colisión múltiple a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tras o que os xestores do CIAE pasaron o aviso aos efectivos do GES e aos Bombeiros de Valdeorras, así como á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

Accidente de circulación
Accidente de circulación | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta