A compravenda de vivendas sobe un 28,5% en setembro, co maior número de transaccións desde 2010

Este crecemento está por baixo da media española.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 1.723 compravendas de vivendas en setembro, o que supón un incremento do 28,5% en comparación co mesmo mes de 2020, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE). Esta cifra supón o maior volume de transaccións de vivendas nun mes de setembro na comunidade galega desde o ano 2010.

Este crecemento está por baixo da media española (+40,6%). Navarra (+68,3%) é a comunidade con maior avance. Tan só Estremadura conta cun descenso neste mes. O total de leiras transmitidas inscritas nos rexistros alcanzou as 8.693 na comunidade galega, o que se traduce nunha alza do 10,5%. Neste caso tamén é inferior á media española de alza (+15,9%).

Deste total, 2.631 eran leiras rústicas (807 compravendas, 30 doazóns, 27 permutas, 1.097 herdanzas e 670 operacións doutra clase) e as restantes 6.062 son urbanas (3.149 compravendas, 57 doazóns, 100 permutas, 1.252 herdanzas e 1.504 operacións doutro tipo).

As leiras urbanas transmitidas correspóndense con 3.370 vivendas (as 1.723 compravendas, 27 doazóns, 68 permutas, 771 herdanzas e 781 operacións doutro tipo), 242 solares e 2.450 doutro tipo. Por último, das 1.777 vivendas que se venderon, a maior parte, 1.656, eran vivenda libre, fronte a 67 protexidas. Ademais, 423 son vivendas novas e 1.300, usadas.

Compravenda de vivendas en setembro de 2021. EPDATA
Compravenda de vivendas en setembro de 2021. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta