Así foi a insólita victoria do Deportivo que decidiu solidarizarse co Extremadura

Tanto os xogadores coma o corpo técnico do equipo de Almendralejo levan seis meses de impagos e conovocaron unha folga en sinal de protesta.

Por Pablo Chao | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

O pasado domingo ás 12 da mañá tíñase que xogar o partido da 12ª xornada da Primeira RFEF entre o Deportivo e o Extremadura. Non obstante, isto non chegou a pasar xa que os xogadores e o corpo técnico do Extremadura cumpliron a súa ameaza de ir á folga por levar seis meses sen cobrar.

Estadio de Riazor baleiro tras a incomparecencia do Extremadura
Estadio de Riazor baleiro tras a incomparecencia do Extremadura | Fonte: Diario AS

Ao estadio de Riazor presentáronse os 24 xogadores convocados polo Deportivo e o árbitro canario, Alejandro Lucena Perdomo. Tras unha espera de máis de media hora, o colexiado canario mostrou na acta do partido ós xogadores locais e a incomparecencia do equipo visitante. Polo tanto, con toda seguridade, durante esta semana o Xuez de Competición dará como vencedor do partido ao equipo coruñés cun resultado de 3-0.

ATÍPICA MAÑÁ DE FÚTBOL

O que se esperaba que fora un gran ambiente de fútbol en Riazor converteuse nun estadio de fútbol sen afeccionados. A través dun comunicado o pasado sábado, o Deportivo explicaba que non permitiría a entrada dos afeccionados ao estadio coruñés "por respeto á competición, aos traballadores do Extremadura que decidiron acudir ao dereito de facer unha folga e pola delicada situación que atravesa o equipo visitante"

Ao non disputarse o partido, o equipo de Borja Jiménez realizou un adestramento en Riazor a porta pechada para preparar o partido do seguinte fin de semana que os enfrontará contra o Rayo Majadahonda no Cerro del Espino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta