Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 17:25
Un de cada catro bebés do Hospital Materno Infantil 'Teresa Herrera' da Coruña require ingreso na unidade de neonatoloxía, segundo expuxo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na visita á mesma tras finalizar as obras de reforma.
As mesmas, segundo expuxo ao termo da visita, consistiron na supresión de barreiras arquitectónicas existentes para gañar en eficiencia. En total, a actuación supuxo un investimento de 67.000 euros.
Na súa visita, enmarcada na semana na que se conmemora o Día Mundial do Neno Prematuro, o conselleiro agradeceu a colaboración da Fundación María José Jove para "humanizar", a través de debuxos e outras propostas, os espazos hospitalarios dedicados aos máis pequenos.
Por outra banda, destacou que no Materno Infantil se atenden cada ano a unhas 3.000 mulleres e uns 2.200 partos. Tamén destacou os traballos acometidos na unidade para "gañar eficiencia" e facilitar a "integración da familia", dixo sobre os espazos destinados aos pais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.