Un 18% de audiencia no 'Hai debate'

O programa 'Hai debate' acadou onte un 18% do share durante o debate que mantiveron Anxo Quintana, Alberto Núñez Feijoo e Xosé Clemente López Orozco. En total, 121.000 espectadores, 14.000 máis que no anterior debate, e dous puntos máis de share. Este espacio foi o terceiro máis visto en Galicia, tras 'Mira quien baila', de TVE e CSI, de Telecinco.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/05/2007 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

3 alala

Ten razón Touriño en non acodir o debate.

Punto primeiro. Estas son unhas elección municipais, non son as xerias galegas ou autonómicas.

Segundo. Touriño non quere caer na trampa de converter estas elección nun anticipo electoral dunhas próximas elección galegas.

Terceiro. Paréceme ademais xusto que non quera facer intromisión no traballo que lle corresponde en persoa aos alcaldes.

Cuarto. Touriño sabe que non ten nivel intelectual nin táboas suficientes como para enfontrarse os primeiros espadas tanto do BNG como do PP.

Cinco. Non quere manifestar as desavenzas que hai entre Quintana e el. É un bipartito que non funciona. Se ademais se cacarean ou airean desentendementos na tele pública cando aínda faltan dous anos de lexislatura sería para o presidente un suicidio que non se vai a permitir.

Seis. Touriño sabe manexar moi ben as súas cartas e sabe onde perde terreo. A el non lle van facer caer no xogo político dos seus rivais.

Agora ben dito esto. Se Touriño non acode por principios o debate público entón tampouco debería estar nas grandes cidades facendo mitins. A súa tarefa é gobernar. Se a coherencia e esa debe de seguir coa mesma coherencia. Non o fai e eso o desacredita porque semella que non acode o debate por medo non por convicción de que sobra nun debate municipal. O acodir os mitins cae na trampa igual que Zapatero de dar outra poptencialidade a estas eleccións. Xa sei que é inevitable e non lles queda outra que ir ós mitins, pero esa impostura descobre problemas, nervios e unha contradicción entre os feitos e os ditos.

Por último, fixádevos en Touriño. É un gran imitador de Zapatero. Os seus xestos, ata a colocación das cellas, fixádevos nos primeiros planos, é impresionante. Mesmos movementos de brazos, mesmas inflexións, mesma entonación... Touriño cree que seguindo fielmente o modelo de Zapatero nas eleccións xerais el ten gañado o seu coto en Galicia.

E posiblemente non lle falte razón. Seguro que se Touriño consigue desafectarse das imposicións de Pepiño Blanco gañará máis terreo ainda.

Por resumir. Todos están empeñados en facer destas municipais lecturas políticas de todo tipo cando en realidade son unhas eleccións desnaturalizadas e onde as persoas máis que os partidos importan. Perigosa lectura para todos dar creto ás municipais.

Insisto. A postura máis coherente a de Touriño se non fose porque logo se implica na area das disertacións multitudinarias en escearios parcias e populistas. Por certo, e seguindo esta liña argumental, qué pinta o vicepresidente da Xunta en tódolos escenarios das municipais? Quere iso dicir que o BNG non ten xente máis preparada ca el para defender os seus múltiples actos político sociais? Quintana ten demasiada fame de poder e ten que saber delegar máis.

2 Martin

Debatir non porque fai o ridiculo, ahora traer ministros a que digan cousas como "el AVE va a llegar a Lugo", eso si. Hai que ter pouca vergonza

1 Xosé A. Pena

Con touriño non vai asistir a debates, máis si a mitins. Menos mal que ten o director da televisión e a presentadora do programa o seu favor, que si non...