Administradores de predios alertan que "a parálise" da construción "pode pór en perigo" os Next Generation

Aseguran que xa hai "unha elevada porcentaxe de firmas que tiveron que paralizar proxectos e obras" e que teñen o problema engadido da "volatilidade cos prezos e subministración".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O Colexio oficial de Administradores de Fincas de Galicia (Coafga) alerta de que a "parálise actual" do sector da construción pode "pór en perigo" a percepción dos fondos Next Generation destinados á rehabilitación enerxética de edificios.

A través dun comunicado, este colectivo explica que "a falta de man de obra" e "a escaseza" e "o encarecemento" de materiais que se espera provocará unha dilatación dos prazos que desembocará na perda non só das axudas europeas, senón tamén das deducións temporais no IRPF que permiten estes traballos de eficiencia enerxética.

Neste contexto, o Coafga asegura que xa hai "unha elevada porcentaxe de firmas que tiveron que paralizar proxectos e obras" e que teñen o problema engadido da "volatilidade cos prezos e subministración".

Alumnos da Fundación Laboral de la Construción.
Alumnos da Fundación Laboral de la Construción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta