Apoio da Xunta ao proxecto do xeodestino da ría de Muros para optar a fondos de sustentabilidade turística

O proxecto promovido pola Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia foi un dos nove considerados aptos polos técnicos da Xunta e o Goberno central para optar aos fondos destinados ao Plan do Litoral no marco da convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSDT).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2021 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acudiu este martes á presentación do proxecto promovido pola Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia para a mellora da competitividade do turismo no geodestino desta ría, que integra aos concellos de Muros, Noia, Lousame, Porto do Son e Outes.

A iniciativa presentada por esta entidade foi unha das nove consideradas aptas polos técnicos da Xunta e o Goberno central para optar aos fondos destinados ao Plan do Litoral no marco da convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSDT).

O Plan do Litoral suporá un investimento total de case 30 millóns, dos que o 50% estará destinado a estes Plans de Sustentabilidade presentados por entidades locais e o outro 50% ao tres Acciones de Cohesión en Destino desenvolvidas desde a Xunta.

No caso dos PSTD, permitirán "reforzar Galicia como destino seguro e sustentable" a través dos 14,6 millóns de euros dos fondos Next Generation asignados á comunidade galega para o desenvolvemento de accións no litoral, como a ría de Muros e Noia.

Alfonso Rueda remarcou que o nove proxectos cumprían cos requisitos esixidos pola Estratexia de Sustentabilidade Turística en Destino da Secretaría de Estado de Turismo, isto é, transición verde e sustentable, eficiencia enerxética, transición dixital, calidade e vocación turística do destino, ademais do carácter litoral do plan.

DESTINO "SUSTENTABLE E COMPETITIVO"

A proposta 'Novos modelos para a competitividade turística na ría de Muros-Noia' da ADR Muros-Noia pretende facer deste geodestino un destino sustentable e competitivo potenciando recursos moi vinculados ás tradicións da zona como o turismo industrial nas minas de San Finx, o turismo mariñeiro ou o cultural.

Ademais, fomentaranse novos produtos que, do mesmo xeito que os anteriores, axuden a desestacionalizar e diferenciar a oferta turística centrados na gastronomía, o turismo activo aproveitando as condicións da ría para a práctica deportiva, así como a divulgación do itinerario cultural a Santiago da Ría de Muros-Noia. Tamén se ampliará a rede de miradoiros co obxectivo de pór en valor as rutas de sendeirismo dos concellos do geodestino e crearase unha senda litoral entre eles.

Alfonso Rueda salientou que estes proxectos recibirán a inxección económica necesaria para "contribuír a enxalzar o turismo tranquilo en contacto coa natureza e respectuoso coa contorna" que converteu á comunidade "en destino de moda este verán" con "unha recuperación turística 25 puntos por encima da media estatal", sendo "a segunda autonomía con maior recuperación da demanda de noites e a terceira en número de viaxeiros respecto de 2019".

Monte Louro, en Muros
Monte Louro, en Muros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta