A Garda Civil ármase contra as estafas online en Galicia

Un de cada seis delitos cometidos na Comunidade galega desde xaneiro foron estafas informáticas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2021 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Un total de seis equipos da Garda Civil especializados en ciberdelincuencia e integrados por unha vintena de axentes dedicaranse exclusivamente a combater este fenómeno na Comunidade galega. Precisamente, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presentou este martes en Santiago de Compostela o novo equipo @, nun acto no que estivo acompañado do xefe da Comandancia da Garda Civil na Coruña, o coronel Francisco Javier Jambrina.

Na súa intervención, da que informou a Subdelegación nun comunicado, María Rivas explicou que na provincia coruñesa están operativos dúas destes equipos, na comandancia da Coruña e no cuartel de Santiago, que forman parte dos 84 creados en toda España e que integran un total de 304 axentes.

En concreto, tres gardas civís integrarán o novo equipo na Coruña e outro tres na capital galega. Orgánicamente, operan baixo a coordinación dos respectivos Equipos de Investigación Tecnolóxica das Unidades Orgánicas de Policía Xudicial. Tamén se encargarán de asesorar e formar neste tipo de delincuencia.

"Hoxe damos un paso moi importante nesta loita pola seguridade no ciberespazo", destacou a subdelegada, que sinalou que estes equipos reforzarán o despregamento xa existente na Garda Civil para a investigación de ciberdelitos, posto que na actualidade xa se conta con equipos de investigación tecnolóxica e grupos de delitos telemáticos que agora ven reforzados.

CIBERCRIMINALIDADE

A subdelegada do Goberno na Coruña lembrou a tendencia á alza deste tipo de delitos a nivel global "especialmente, en paralelo ao incremento de actividades relacionadas co comercio electrónico, que deu un salto cualitativo por mor da pandemia". Así, indicou que as últimas estatísticas do Ministerio do Interior confirman que un de cada seis delitos que se cometeron en Galicia no que vai de ano son estafas informáticas.

No mesmo día, director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou, durante a segunda xornada do 'III Congreso Internacional de Criminalística Aplicada', o papel da Academia de Seguridade Pública na formación das forzas de seguridade e servizos de emerxencia, que comezará tamén a formar contra este tipo de delitos.

Operación 'Augas Vivas'. GARDA CIVIL
Operación 'Augas Vivas'. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta