A muller de 58 anos falecida por Covid na área de Ferrol non estaba vacinada

Carecía de patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2021 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

A muller de 58 anos que faleceu o pasado venres, 12 de novembro, no seu domicilio, pertencente á Área Sanitaria de Ferrol, afectada de coronavirus, non estaba vacinada contra a Covid-19, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press. Do seu falecemento informou na tarde deste pasado luns, día 15 de novembro, a Consellería de Sanidade, que indicou que esta vítima da Covid non tiña patoloxías previas.

As autoridades sanitarias indicaron que o deceso desta muller, que non se atopaba hospitalizada e faleceu no seu domicilio, produciuse o pasado venres 12 de novembro na área de Ferrol. Os seus restos mortais foron velados no Tanatorio crematorio Albia Ferrol e enterrados na tarde do pasado sábado, 13 de novembro, no cemiterio veciñal de San Mamede de Laraxe, no municipio de Cabanas.

Sanitarios entran nunha vivenda de Foz. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Sanitarios entran nunha vivenda de Foz. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta