A Xunta considera que a reforma educativa do Goberno central prexudicará "a igualdade de oportunidades"

O conselleiro Román Rodríguez expresa o seu malestar coa reforma educativa, xa que entende que afectará os alumnos "menos favorecidos".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/11/2021 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mostrou o seu malestar coa reforma educativa, xa que entende que afectará os alumnos "menos favorecidos" e prexudicará "a igualdade de oportunidades".

Alumnos esperan antes da primeira proba nunha aula
Alumnos esperan antes da primeira proba nunha aula | Fonte: UDL - Europa Press.

Fíxoo este luns na Coruña ao ser preguntado pola reforma educativa que eliminará os exames de recuperación na ESO.

Rodríguez mostrouse crítico co Goberno central por adoptar o que considera unha decisión "unilateral" que vai afectar de "forma grave" o desenvolvemento do que resta de curso.

Neste sentido, o conselleiro considerou que isto afecta a programación, o calendario ou a avaliación, ao cambiar "as regras do xogo" a metade de curso.

A Xunta trasladou que aínda non coñece o texto definitivo, pero, segundo asegurou Rodríguez, cando chegue avaliarano "de forma xurídica".

O conselleiro anuncio que tomarán medidas para que o impacto no sistema educativo galego "sexa o menor posible".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta