Nova lea no Concello de Ouerense: PSOE e BNG plantan a Jácome tras o cesamento do persoal eventual dos grupos

O rexedor considera que a configuración do novo modelo que quere implantar "quedou en pausa".

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 16/11/2021 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

Os portavoces do PSOE, Rafa Villarino, e do BNG, Luís Seara, no Concello de Ourense non acudiron á reunión convocada polo goberno municipal para falar do novo modelo de asignacións económicas despois do cesamento do persoal eventual de socialistas e nacionalistas por parte da Alcaldía.

Xunta de Portavoces do Concello de Ourense
Xunta de Portavoces do Concello de Ourense | Fonte: Concello de Ourense.

Á reunión unicamente asistiron a portavoz do Partido Popular, Flora Moure, o portavoz de Ciudadanos, José Araújo, e o propio rexedor municipal e líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome.

Este último foi o encargado de trasladar que "o tema queda en pausa", xa que se necesita unha maioría plenaria para calquera modificación orzamentaria e o grupo de goberno non a ten.

"Isto demostra o que lles importan os asesores. Como Seara e Villarino xa teñen dedicacións exclusivas non veñen, pero se se falase dos seus soldos si que virían", dixo Pérez Jácome, que interpreta que os portavoces de PSOE e BNG "non teñen interese ningún en solucionar o tema e iso que este ían dar solucións".

Así, o rexedor explicou que "queda en pausa" a negociación dun novo modelo que se baseaba nun "enfoque que non produciría ningún gasto extra" ao Concello, pois se dotaría economicamente os grupos municipais "co mesmo diñeiro" que lle custaba ao consistorio contratar o persoal eventual.

"No caso de que os grupos municipais aceptasen esa proposta, non se cubrirían esas prazas de eventuais para que o gasto fose o mesmo", sostivo o rexedor, quen, con todo, avanzou que "a Alcaldía non permitirá que o rumbo o marque a oposición".

Así pois, Jácome manifestou que "mentres non cedan a negociar, obviamente, ocuparanse os postos de eventuais que se consideren". "Xa que eles cernaron os recursos económicos de dous partidos ---DO e Cs---, unha forma de compensalo é facilitar persoal eventual. Temos que miralo, pero seguramente para Ciudadanos e Democracia Ourensana haxa dispoñibilidade", dixo o alcalde.

Nesta liña, insistiu en que "a súa fórmula" non implicaría máis gastos. "Estamos pasado o ecuador do mandato e eles queren tirar cara adiante e facer ruído", afeou en referencia ao Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego.

Deste xeito, sinalou que o artigo 73 do Estatuto dos membros das Corporacións Locais sostendo que "está moi claro" que permite que "se poida gastar en persoal", excluíndo funcionarios ou políticos do propio concello.

"PSOE e BNG dixeron que era ilegal porque é tal a inepcia destes dous partidos que non saben nin interpretar as leis", criticou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Eu teño moi claro que non valgo para astronauta, pero Jácome é o último en enterarse que non vale para... bueno para Alcalde, desde logo que non.

1 Gamela

Nestes momentos igual fora boa cousa ir pensando en retarlles as "adicacións exclusivas" aos que non comparecen ? Igual era o xeito máis rápido de mover ficha en Ourense ?