Unha exposición itinerante reclama que Galicia poda competir a nivel oficial en todas as disciplinas deportivas

"Galiza, un pobo, unha selección", da Plataforma Via Galega, inaugúrase hoxe na Coruña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/11/2021 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Son 20 paneis sobre o pasado, o presente e o futuro do deporte galego e as súas reivindicacións a prol das seleccións nacionais galegas e da "necesidade de que o pobo galego teña representación de seu na esfera internacional". A exposición "Galiza, un pobo, unha selección", da Plataforma Via Galega (entidade que agrupa máis de sesenta colectivos culturais, sociais e deportivos galegos), inaugurouse hoxe ás sete da tarde no segundo andar da Normal. Poderá visitarse até o día 30 de novembro de luns a venres, en horario de 9 a 21 horas.

Xogadoras das equipas que disputaron o I  Torneo Internacional de fútbol gaélico feminino Cidade de Compostela
Xogadoras das equipas que disputaron o I Torneo Internacional de fútbol gaélico feminino Cidade de Compostela | Fonte: Estrela Vermelha

A Coruña é unha das primeiras localidades que acolle a exposición pero non única, pois axiña se inaugurará en Vigo e Ames. A exposición pasará de feito por trinta e cinco cidades e vilas galegas durante este ano 2021 e o próximo 2022.

Comisiariada polo xornalista de Nós Diario Héctor Pena, xunto á vicerreitora de cultura e deporte, Cristina López Villar, o deputado provincial responsábel da área de cultura, Xurxo Couto, e a portavoz nacional de Vía Galega, María Xosé Bravo, tomaron a palabra na súa inauguración.

A exposición, xunto a outras accións, encádrase nunha campaña que co mesmo título, ten como obxectivo "esixir o dereito a que Galiza poida competir profesionalmente e a nivel oficial en todos os deportes, tanto nas seleccións femininas como masculinas". Alén disto, a campaña tamén pretende contribuír a "fortalecer a autoestima e a conciencia nacional mediante o deporte; potenciar os deportes galegos, a súa historia e a importancia para a nosa cultura; e incidir na galeguización do deporte e impulsar a igualdade de xénero2.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta