Feijóo favorable aos cambios no semáforo covid propostos polo Goberno

"A vacina diminuíu os ingresos e por tanto paréceme en principio que hai que subir a incidencia de COVID porque non produce os mesmos ingresos que sen vacina", argumentou en declaracións aos medios este martes o presidente da Xunta.

Por E.P. | BRUSELAS | 16/11/2021 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse favorable a modificar o semáforo de risco da COVID-19 para que reflicta mellor a relación entre o nivel de infeccións e os ingresos hospitalarios tras a chegada da vacina contra a enfermidade.

"A vacina diminuíu os ingresos e por tanto paréceme en principio que hai que subir a incidencia de COVID porque non produce os mesmos ingresos que sen vacina", argumentou en declaracións aos medios este martes en Bruxelas, onde mantivo unha serie de encontros.

"Adecuar a incidencia de COVID a unha diminución de ingresos e posibilitar un maior número de infeccións sen necesidade de extremar precaucións paréceme que é algo razoable", insistiu, para despois puntualizar que non coñece "con exactitude" o asunto e, por tanto, non pode valorar a "proporcionalidade" da medida.

Feijóo fixo estas declaracións no marco da súa visita á capital comunitaria, na que se entrevistou co Alto Representante de Política Exterior da UE, Josep Borrel, a vicepresidenta da Comisión Europea responsable de Demografía, Dubrovka Suica, e o comisario de Emprego, Nicolas Schmit, entre outros. Pola mañá, participou nunha mesa redonda dedicada ao Xacobeo 21-22.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, saúda ao o Alto Representante de Política Exterior da UE, Josep Borrell, co que mantivo unha reunión en Bruxelas. DELMI ALVAREZ / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, saúda ao o Alto Representante de Política Exterior da UE, Josep Borrell, co que mantivo unha reunión en Bruxelas. DELMI ALVAREZ / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta