Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/05/2007 | Actualizada ás 00:35
Os corpos policiais teñen datos da vinculación deste grupo cos movimientos independentistas bascos e apuntan que o xeito de preparar os artefactos explosivos ten similitudes con outros de Euskadi, Cataluña e movementos anarquistas. Tamén están convencidos de que utilizan a Portugal como base de operacións, país no que prepararían as súas accións e no que se refuxarían unha vez cometidas as accions. De feito, tanto a Garda Civil como a Guarda Nacional Republicana veñen colaborando dende a aparición de varios explosivos en Portugal.
Esta colaboración e algunhas pistas recollidas en Cangas poderían encamiñar á Garda Civil a posibles intervencións en breve. Podes consultar varias informacións publicadas por GC sobre Resistencia Galega e sobre o novo xiro das accións independentistas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.