Concentración de traballadores de Xeal contra os "abusos sexuais" a unha compañeira

Manifestáronse ás portas dos xulgados da Coruña para apoiar a denuncia da muller.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2021 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Unha vintena de traballadores da empresa Xeal concentráronse na mañá deste mércores ás portas dos xulgados da Coruña para dar apoio a unha das súas compañeiras, que denunciou un caso de abuso sexual e laboral cometido supostamente por un superior. Segundo explicou o presidente do comité de empresa, Alfonso Mouza, os traballadores consideran que a compañía "tentou ocultar" o caso, polo que se concentraron para que se faga xustiza coa súa compañeira e "non volvan repetirse situacións similares".

Os feitos denunciados ocorreron o ano pasado e, segundo manifestou Mouza, a empresa fixo "caso omiso" do Plan de Igualdade que ten a compañía. O presidente do comité dixo que tras o incidente, a súa compañeira foi trasladada ao mesmo lugar que o seu agresor, algo interpretado como "unha represalia" por presentar a denuncia.

Preguntado pola resposta que lles deu a empresa, Mouza apuntou que esta "externalizou" a investigación, que concluíu con que "non houbo abuso laboral nin sexual". O representante dos traballadores lembrou que o presunto agresor tamén está acusado de abuso laboral por outra compañeira.

Concentración de traballadores de Xeal. CIG
Concentración de traballadores de Xeal. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta