Buscan unha muller de 77 anos con alzhéimer desaparecida en Trazo desde o martes

Vestía un suadoiro polar azul mariño e pantalón granate.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/11/2021 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

Un amplo dispositivo de procura desprégase este mércores no concello coruñés de Trazo para tentar localizar a Benedicta Pereiro Pouse, que permanece desaparecida desde a tarde do martes.

Benedicta Pereiro Pouse, desparecida en Trazo (A Coruña) o 16 de novembro. SOS DESAPARECIDOS
Benedicta Pereiro Pouse, desparecida en Trazo (A Coruña) o 16 de novembro. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Esta veciña de 77 anos da aldea do Rial, na Alta de Trazo, saíu pasear ao redor das 17,00 horas como adoita facer cada día, pero non regresou á casa na que reside coa súa familia.

Tras notar a súa falta, os achegados de Benedicta Pereiro solicitaron axuda para dar co paradoiro da muller, que mide 1,55 metros, é delgada e ten o pelo canoso. No momento da súa desaparición vestía cunha chaqueta polar de cor azul mariño, pantalón granate e zapatos marróns.

No operativo de procura, ademais de veciños da zona, participan efectivos de emerxencias, axentes da Garda Civil e da policía, así como da Axencia Galega de Emerxencias, que peitea coa súa unidade de drons a zona da desparición, onde tamén actúa un helicóptero.

A pesar do amplo dispositivo para tratar de localizar esta veciña, que padece alzhéimer, aínda non hai avances nas tarefas de procura. SOS Desaparecidos mantén os seus números de telefóno abertos (642.650.775 e 649.952.957) para as persoas que poidan achegar información sobre o paradoiro de Benedicta Pereiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta