Os contaxios diarios de Covid seguen en aumento e superan xa os 250

A taxa de positividade descende lixeiramente a un 4,6% no conxunto da Comunidade galega e baixan a 54 os ingresados con Covid.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/11/2021 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en Galicia manteñen a tendencia ascendente e sitúanse en 1.749, tras rexistrarse 254 novos contaxios no conxunto da Comunidade galega, pero descenden a 54 os pacientes hospitalizados --seis menos--. Polo seu lado, a taxa de positividade baixa lixeiramente a un 4,6 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, increméntanse a 12 as persoas ingresadas en UCI pola Covid en toda Galicia --unha máis--, pero baixan a 42 as hospitalizadas noutras unidades --sete menos--, mentres que 1.695 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente na da Coruña e Cee, que aínda que mantén dous pacientes Covid en UCI, regsitra 15 noutras unidades --dúas máis--; alíviase nas de Ourense, Vigo, Lugo e Ferrol; e mantense nas de Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés.

Na de Ourense segue un paciente Covid en UCI e descenden a nove os doutras unidades --catro menos--; e na de Vigo aumentan a tres o críticos --un máis--, pero baixan a sete os doutras unidades --dúas menos--.

Na área de Lugo mantense un ingresado en UCI e xa non hai outros pacientes Covid en planta --a xornada pasada quedaban dúas--; mentres que na de Ferrol seguen tres en críticos e quedan cinco noutras unidades --un menos--.

Sen cambios mantéñense as áreas de Santiago e Barbanza, cun en críticos e tres en planta, e Pontevedra e O Salnés, con só tres en unidades convencionais.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 suman 18 xornadas consecutivas de aumento e colócanse en 1.749, que supoñen 209 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (254) que altas (43), ao que se engaden dous falecementos. Con respecto ao xoves anterior --11 de novembro-- hai 842 infeccións máis que as rexistradas hai unha semana.

As infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias galegas, coas Vigo e Ourense á cabeza (+47), seguidas das de Pontevedra e O Salnés (+32), Santiago e Barbanza (+30), A Coruña e Cee (+26), Lugo (+17) e Ferrol (+10).

Así, con máis casos mantense a de Ourense, con 412; seguida da da Coruña e Cee, con 367; Vigo, con 360; Lugo, con 170; Santiago e Barbanza, con 167; Pontevedra e O Salnés, con 156; e á cola segue a de Ferrol, con 117.

Segundo os datos actualizados na tarde deste mércores pasado polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 59,81 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 53,26 do martes, mentres que a media de España ascende a 96,12.

MÁIS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense desde o mércores 10 de novembro por encima do centenar e aumentan a 254, que representan 40 máis que os 214 do mércores, tras os 122 do martes e iniciar esta semana con 136. A cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de 'nova normalidade' rexistrouse o luns 11 de outubro, cando houbo 14.

As persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia aumentan a 185.092, das que 43.664 corresponden á área da Coruña e Cee; 38.155 á de Vigo; 27.282, á de Santiago e Barbanza; 22.325, á de Ourense; 21.685, á de Pontevedra e O Salnés; 20.188, á de Lugo; e 11.793, á de Ferrol.

Desde o inicio desta crise sanitaria, segundo os datos actualizados por Sanidade, realizáronse 2.941.690 PCR en Galicia, que supoñen 4.068 máis que as rexistradas ata o día anterior e 847 máis feitas que a xornada pasada.

En canto á taxa de positividad das probas PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test--, descende lixeiramente ao 4,63 por cento tras repuntar a un 5,21% o mércores e baixar ao 2,43% o martes, despois de comezar esta semana co 3,93%. Deste xeito, sitúase por baixo do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en Galicia ascenden a 2.661, despois de notificar este mércores a Consellería de Sanidade dúas novas vítimas.

Os óbitos corresponden a dúas mulleres ingresadas no Hospital Lucus Augusti de Lugo e no CHUF de Ferrol. A primeira, de 86 anos, faleceu o martes 16 de novembro; mentres que a outra vítima, de 93 anos, morreu este mércores no hospital ferrolán. Ambas tiñan patoloxías previas.

Mentres, 180.716 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse na Comunidade galega desde o inicio desta crise sanitaria, que implican 43 máis que as contabilizadas ata o día anterior.

Varias persoas na terraza dun bar en Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press
Varias persoas na terraza dun bar en Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta