En liberdade o detido tras tirarse a súa parella pola xanela, episodio investigado como violencia de xénero

O xulgado decretou como medidas cautelares a prohibición a achegarse e comunicarse coa vítima, que permanece ingresada no hospital.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/11/2021 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

A parella da muller que se tirou pola xanela dun piso de Arteixo quedou en liberdade tras ser detido por un posible delito de violencia de xénero. O arrestado foi posto en liberdade tras testificar ante o Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña, que investiga os feitos como un episodio de violencia.

O xulgado decretou como medidas cautelares a prohibición a achegarse e comunicarse coa vítima, que permanece ingresada no hospital. O arresto produciuse despois de que a moza se tirase pola xanela, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press, que matizan que este feito "en principio" non garda relación coa investigación por violencia de xénero, xa que non se produciron ao mesmo tempo.

Preguntado sobre este suceso, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, aclarou que "se está investigando". Miñones afirmou que nos casos de violencia de xénero deben ter "garantía xudicial", e que no momento que se aclare se se trata dun caso deste tipo, farán "a correspondente declaración".

Axente da Garda Civil. GARDA CIVIL
Axente da Garda Civil. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta