Os Orzamentos chegan ao Pleno do Congreso co apoio de PNV e Bildu, pero non ERC

O BNG censura a falta de receptividade do Goberno ás súas propostas e non decarta votar en contra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2021 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O proxecto de Orzamentos Xerais do Estado de 2022 completou este xoves o seu paso pola Comisión de Orzamentos do Congreso cos votos do PSOE, Unidas Podemos, o PNV e Bildu e pasarán a votarse a próxima semana no Pleno do Congreso, último exame antes de ser aprobados e enviados ao Senado. Neste sentido, o BNG censurou a falta de receptividade do Goberno ás súas propostas e non decarta votar en contra.

Para superar as votacións das distintas seccións do proxecto e do informe do relatorio, os grupos do Goberno contaron co apoio do PNV e Bildu, mentres que Esquerra Republicana (ERC), Junts e Coalición Canaria (CC) s abstiveron. O PP, Vox e Ciudadanos votaron en contra.

O proxecto chegará ao Pleno do Congreso tras incorporar emendas dos socios do Goberno, principalmente do PNV e Nueva Canarias, pero tamén ERC, Bildu, Más País-Equo, Teruel Existe, Compromís e o Partido Regionalista Cántabro (PRC).

Entre elas, un fondo de 25 millóns de euros para compensar a vítimas do amianto, esixido por Unidas Podemos, PNV e Bildu, unha nova axencia independente de supervisión dos algoritmos e un plan de saúde mental en institutos dotado con 5 millóns, propostas estas pactadas con Más País-Equo.

FONDO COVID QUE O GOBERNO VE IMPOSIBLE EXECUTAR

Con todo, a principal modificación ao Orzamento foi a pesar do rexeitamento de PSOE e Unidas Podemos, que xunto ao PNV non puideron evitar unha emenda de Junts, apoiada por PP, Vox, ERC, Cs, Bildu e CC para crear un fondo de 9.632 millóns de euros para compensar as comunidades autónomas gastos derivados da pandemia de Covid-19.

O Ministerio de Facenda apresurouse a aclarar que non ve posible executar dito fondo, sinalando que a emenda dá de baixa un programa que non existe nos Orzamentos, polo que non existen eses fondos. Pero é que ademais, incide, a sección afectada non conta sequera con recursos suficientes, quedando nuns 7.000 millóns previstos para compensar as comunidades por IVE pendente de liquidar en 2017.

Membros do hemiciclo aplauden durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados. EUROPA PRESS
Membros do hemiciclo aplauden durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados. EUROPA PRESS | Fonte: E. Parra. POOL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta